Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre o acordo de aprobación inicial da proposta da Comisión Heráldica de escudo e bandeira municipais.

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de febreiro de 2014, adoptou acordo de aprobación inicial da proposta da Comisión Heráldica de escudo e bandeira municipais do Concello da Estrada, comunicada mediante escrito do seu presidente o 1 de marzo de 2012.

De acordo co establecido no artigo 49 da Lei reguladora das bases de réxime local (LRBRL), sométese a información pública e audiencia dos interesados polo prazo dun mes, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.

No caso de que durante o dito prazo non se presente ningunha reclamación ou suxestión, entenderase, conforme o dito artigo 49 da LRBRL, definitivamente aprobado o acordo provisional, e o expediente completo remitirase á Comisión Heráldica para o seu informe preceptivo e vinculante, previo á aprobación, de ser o caso, polo Consello da Xunta.

A Estrada, 13 de febreiro de 2014

José C. López Campos
Alcalde