Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10276

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5840/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5840/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Desarrollos Ambientales y Obra Civil, S.L., Aniceto Alonso Rodríguez, S.L.U., Egoysa, S.L., Excogal de Contratas y Servicios, S.L.U., Santiago Iglesias Hernández e Mayco Galaica, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos. Desestimando o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 25 de outubro de 2011, en autos nº 134/2011, sobre invalidez, instados por Santiago Iglesias Hernández fronte á citada entidade xestora e as empresas Desarrollos Ambientales y Obra Civil, S.L., Aniceto Alonso Rodríguez, S.L.U., Mayco Galicia, S.L., Excogal de Contratas y Servicios, S.L. e Egoysa, S.L., confirmamos a devandita resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Desarrollos Ambientales y Obra Civil, S.L., Aniceto Alonso Rodríguez, S.L.U., Egoysa, S.L., Excogal de Contratas y Servicios, S.L.U., Mayco Galaica, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial