Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10275

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3079/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3079/2012 desta sección, seguido por instancia de Enrique Bouzo Rocha contra a empresa Fogasa; Taguive, S.L.; Fibras de Madera, S.A., Admón. Concursal Taguive, S.L. e Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, no recurso de casación para unificación de doutrina 281/2012, a Sala do Social do Tribunal Supremo, con data do 19.11.2013, ditou auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo letrado Alfonso José López Fernández, en nome e representación de Enrique Bouzo Rocha, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 15 de outubro de 2012, no recurso de suplicación número 3079/2012, interposto por Enrique Bouzo Rocha, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, do 30 de xaneiro de 2012, no procedemento nº 1202/2011, seguido por instancia de Enrique Bouzo Rocha contra Taguive, S.L.; Fibras de Madera, S.A.; Industrias de Tableros de Valga, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre rescisión de contrato.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, sen imposición de custas á parte que recorre.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

E para que lle sirva de notificación en forma a Fibras de Madera, S.A., expido este edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial