Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2014, da Zona de Recadación de Ourense, polo que se comunica a realización da poxa pública de varios bens ou dereitos.

O día 7 de maio de 2014, ás 11.00 horas, no Departamento Territorial de Facenda de Ourense (sito na rúa Xoán XXIII, 33), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Predio de Ourense nº 84783

Rexistro da Propiedade número 1. Inscrición: tomo 2251, libro 1508, folio 203. Titular con carácter privativo do pleno dominio da totalidade deste predio.

Descrición do predio e datos rexistrais:

Urbana. Terreo ou nomeamento de Barreiros, sito na marxe esquerda da estrada de Ourense a San Clodio, punto quilométrico tres coma seiscentos, hoxe rúa Pena do Vado, setenta e sete, dunha superficie de trinta áreas.

Linda: norte ou fachada, coa antedita estrada; sur ou fondo entrando, con Ángel Silva Pérez -hoxe urbana 0593409NG9809S0001BP de Antonio Silva López, Eladio Fernández Gómez- urbana 0593410NG9809S0001WP e Elvira-Ana Fernández López, e Eladio López González -parcela 133 do polígono 201; leste ou esquerda entrando, con Braulia Lorenzo Peña -hoxe urbana 0593402NG9809S0001EP de Josefa Fernández Lorenzo-; e oeste ou dereita, entrando, con herdeiros de Angelita Losada Rodríguez -hoxe parcela 214 do polígono 201 de Antonio Fernández Losada. Sobre o predio consta: a) edificación residencial; de planta baixa, destinada a almacén, e planta alta, destinada a vivenda. A planta baixa ten unha superficie construída de setenta e sete metros, dezanove decímetros cadrados, e a planta alta, á cal se accede a través dunha escaleira exterior, ten unha superficie construída de noventa e seis metros e oitenta e nove decímetros cadrados. Todo iso supón unha superficie construída total de cento setenta e catro metros, oito decímetros cadrados, e b) edificación residencial de planta baixa, destinada a almacén e vivenda e planta alta, destinada a vivenda. A planta baixa ten unha superficie construída de cento trece metros noventa decímetros cadrados, e unha superficie útil de noventa e catro metros corenta e cinco decímetros cadrados; e a planta alta ten unha superficie construída de cento dez metros cadrados e unha superficie útil de noventa e catro metros e corenta e catro decímetros cadrados.

Todo iso supón unha superficie construída total de douscentos vinte e tres metros noventa decímetros cadrados.

Referencia catastral: 0593401NG9809S0001JP.

173.549,00 €

Non constan

173.549,00 €

500,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Predio de Ourense nº 1181

Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense. Inscrición: tomo: 1909, libro: 133, folio: 181

Inmobles urbanos

Referencia catastral: 7624027NG9872N0001QE

Provincia: Ourense. Municipio: San Cibrao das Viñas

Situación: Pl Polígono Industrial, 22

San Cibrao das Viñas, 32910 Ourense

Dereito: 100 % de propiedade

Superficie: 596 m2

Uso local principal: industrial

188.932,00 €

Non constan

188.932, 00 €

500,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

3

Suspendido

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

4

Predio de Ourense nº 35571

Rexistro da Propiedade número 1 de Ourense. Inscrición: folio 172, libro 420, tomo 1160.

Referencia catastral: 3183002NG9838S0182FL

Descrición do predio e datos rexistrais:

Urbana. Rocho denominado número dous, situado na planta oitava do Edificio Malingre, na avenida de Portugal, número dous e catro e rúa Ervedelo, números trinta e nove, corenta e un e corenta e tres, nesa cidade de Ourense. Mide unha superficie aproximada de oito metros cadrados.

Linda: á fronte ou oeste, con corredor de distribución; á dereita, co rocho número seis; á esquerda co rocho número oito; e ao fondo, coa avenida de Portugal.

Cota: cero coma cero cinco por cento. E o predio número cento vinte e un do edificio de que forma parte, constituído en réxime de propiedade horizontal, inscrito baixo o número 11250, no folio 68 do libro 412, tomo 1152, inscrición 9ª, que é a extensa da súa división horizontal.

6.705,56 €

Non constan

6.705,56 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

5

Predio de Ourense nº 35452

Rexistro da Propiedade número 1 de Ourense. Inscrición: folio 169, libro 418, tomo 1159

Referencia catastral: 3183002NG9838S0099WU

Descrición do predio e datos rexistrais:

Urbana. Praza de garaxe número 24, unha participación indivisa de dous coma corenta e catro por cento do predio seguinte: local denominado soto segundo, situado na planta de soto segundo, de Edificio Malingre, na rúa de Ervedelo, números trinta e nove, corenta e un e corenta e tres, na avenida de Portugal, números dous e catro, desta cidade de Ourense.

Ocupa unha superficie aproximada de dous mil cento vinte e cinco metros cadrados e dentro do seu perímetro quedan situadas as zonas de servizos comunitarios do edificio, tales como caixas de escaleiras e ocos de ascensores.

O acceso de vehículos a este local faise por dúas portas de entrada situadas no soto primeiro, polas cales se chega mediante dúas ramplas con saída á rúa Ervedelo a á Avenida de Portugal, respectivamente. Tales portas de entrada constitúen, en unión do trazado de vías existente no soto primeiro, para a circulación interior, paso ou tránsito como servidume establecida para chegar a través de rampla de comunicación entre sotos a este local denominado soto segundo, que é predio dominante respecto ao soto primeiro.

Existe nesta planta un trazado de vías para a circulación interior que constitúe paso ou tránsito como servidume establecida para chegar a través dunha rampla descendente ao local denominado soto terceiro, que é predio dominante con respecto a este soto segundo.

Lindeiros: norte, con subsolo da rúa Ervedelo; ao sur, con subsolo de edificación en construción; leste, con subsolo da avenida de Portugal; e ao oeste, con terreos propiedade dos herdeiros de Ángela Santamarina Alducin.

Cota: doce coma vinte e cinco por cento. E o predio número dous do edificio de que forma parte, constituído en réxime de propiedade horizontal, inscrito baixo o número 11250, no folio 68 do libro 412, tomo 1152, inscrición 9ª, que é a extensa da súa división horizontal.

15.750,00 €

Non constan

15.750,00 €

200,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

6

Rexistro da Propiedade de Viana do Bolo

Predio do Bolo nº 8592

Rexistro da Propiedade de Viana do Bolo. Inscrición: tomo 366, libro 60, folio 138. Inscrición 1ª

Rústica: situada en Cambela, municipio do Bolo, Ourense. E a parcela número 109 do polígono 111. Ten unha superficie aproximada de unha hectárea, cinco mil seiscentas cincuenta e seis centiáreas. Linda: norte, José Álvarez Espada, Ignacia Rodríguez Martínez e José Fernández García; sur, Francisco Álvarez Espada e Daniel Rodríguez Fernández; leste, concello do Bolo; oeste, Elvira Baña Pérez.

Referencia catastral: 32016A111001090000OZ.

Descrición: labradío secaño e matogueira

100 % do pleno dominio. Título: adquirida por compravenda

8.683,10 €

Non constan

8.683,10 €

100,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Ourense, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente, e de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria. Nos demais casos en que sexa preciso deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas no remate do prazo dun mes desde o seu inicio e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Ourense, 25 de febreiro de 2014

Rafael Torres Lacal
Recadador da zona de Ourense