Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 58/2013.

Notifícanse, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Marcos José Rozas González.

Domicilio: rúa Mar Cantábrico, 36 baixo, Lugo.

NIF: 2308630Y.

Nº exp.: 58/2013.

Contía: 750,00 €.

Disp. infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social (BOE do 15 de novembro).

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial, perante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser iniciado este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 10 de febreiro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo