Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2013/369-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2013/369-1.

Acta inf.: I152013000087949.

Empresa: Transportes Oza, S.L.

NIF: B15151863.

Enderezo: As Encrucilladas, Oza, 15107 Carballo.

Materia: traballo (non aboamento de salarios).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 26.11.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Transportes Oza, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente: RL 2013/444-1.

Acta inf.: I1520100000118059.

Empresa: Textil Locer, S.L.

NIF: B15599913.

Enderezo: avenida de Fisterra, 229, 15142 A Coruña.

Materia: traballo (non aboamento de salarios en tempo e forma).

Normativa infrinxida: artigo 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 6.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39.3 e 2 do dito texto legal.

Data da resolución: 27.11.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Textil Locer, S.L. unha sanción por importe de douscentos oitenta euros (280 €).

Expediente: RL 2013/552-1.

Acta inf.: I1520130000123315.

Empresa: Fotocopias Maxin, S.L.

NIF: B15571565.

Enderezo: avenida de Romero Donallo, 3 baixo, porta I, 15706 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 2 e 40.1 do dito texto legal.

Data da resolución: 28.1.2014

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Fotocopias Maxin, S.L. unha sanción por importe de dous mil euros (2.000 €).

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña