Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2013/510-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña. Todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2013/510-1.

Acta inf.: I152011000139681.

Empresa: Mobile Shop Accesories, S.L.

NIF: B86245222.

Enderezo: rúa San Vicente 13, 28901 Getafe (Madrid).

Materia: traballo (condicións de traballo inferiores ás establecidas legalmente).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 26, puntos 1 e 2, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 5.b), 7, 8, 12 e 13 do Convenio colectivo de comercio vario da Coruña.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación cos artigos 39.1 e 40.1.b).

Proposta de sanción: 3.125 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial de Traballo e Benestar