Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de febreiro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00340-O-2014 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 26 de febreiro de 2014

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00340-O-2014

8382-HMM

Garda Civil 1504 I-54077-K

Transportes Fran Vega, S.L.

B24549412

Urb. Santa Águeda, 26

24750 La Bañeza

León

Diminución do descanso semanal normal. Igual ou superior a 42 horas e inferior a 45 horas.

1.10.2013; 19.34; AP-9; 39,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00430-O-2014

3295-BDC

Garda Civil 1501 I-14478B

J. García Sánchez

32419777N

Antonio Ríos, 27, 1º C

15009 A Coruña

A falla de consignación do lugar de comezo ou do remate de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

3.10.2013; 9.30; N-VI; 587

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00480-O-2014

8278-CBC

Garda Civil 1501 I-92933X

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Tablilla, s/n

15185 Cerceda

A Coruña

Realizar un transporte escolar utilizando un condutor que careza do CAP en vigor.

7.10.2013; 18.50; DP-5902; 3

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-00512-O-2014

7931-HDC

Garda Civil 1503 A-54682C

Transportes Arrive IS S-20, S.L

B70302815

Isaac Peral, 4 B, pgno. Espíritu Santo

15650 Cambre

A Coruña

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

8.10.2013; 16.52; N-VI; 577,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

XC-02920-O-2013

4865-GBX

Garda Civil 1504 H-74822-F

Transportes Arrive IS S-20, S.L

B70302815

Isaac Peral, 4 B, pgno. Espíritu Santo

15650 Cambre

A Coruña

Carecer do certificado de aptitude profesional CAP.

5.10.2013; 9.16; N-634

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-03090-O-2013

7329-HKY

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Juan Andrés Ageito Olveiras

52931009M

Salmón Grande, 56

15960 Ribeira

A Coruña

A carencia, falla de datos esenciais, ocultación ou falla de conservación da documentación de control.

4.10.2013; 8.35; AC-302; 2

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-03100-O-2013

PO-8459-BM

Garda Civil 1501 I-14478-B

Javipesca 11022002, S.L.U.

B94045887

Puerto Pesquero - Dep. exportadores, 55

36900 Marín

Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

16.7.2013; 12.35; AC-523; 0,100

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03435-O-2013

3399-FGN

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes J. y Arizaga 260396, S.L.

B94084662

Rúa Calvo Sotelo, 119

36900 Marín

Pontevedra

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta do condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos no inicio e no remate da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta do condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

2.8.2013; 16.15; AC-553; 1,2

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros