Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013361AL-PO incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 15 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2013361AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra María del Pilar Pérez Crespo, titular do establecemento Mesón O Novo Forcado.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María del Pilar Pérez Crespo o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, número 43-1º e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013361AL-PO.

Denunciada: María del Pilar Pérez Crespo, con NIF 35305630D, titular do establecemento Mesón O Novo Forcado.

Último enderezo coñecido: Morouzos, 40, Dena, 36967 Meaño.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3, 4 e 5 e capítulo I, punto 1, capítulo V, punto 2, capítulo IX, puntos 2, 3 e 4, e capítulo XII, punto 1, do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 3.5, 6.1, 6.2, 10.1 e 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafos 1, 4, 8 e 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: mil euros (1.000,00 €).