Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a licitación da contratación, mediante un procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2014/227.01/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: un ano desde o asinamento do contrato.

3. Admisión de prórroga: si.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 132.000,00 euros. O importe do IVE: 27.720,00 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20121

8. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo M, subgrupo 2 e categoría b.

9. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que cómpre achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1) Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, das 9.00 ás 14.00 horas.

2) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

10. Apertura das ofertas:

a) Descrición: acto público.

b) Enderezo: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de tres (3) días hábiles.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística