Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, para a venda das parcelas de solo empresarial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na 1ª fase da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos (expediente DTS01-14).

1. Obxecto do contrato.

Venda das parcelas de solo empresarial do IGVS na 1ª fase da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos.

2. Prezos das parcelas.

Os prezos serán os recollidos no anexo IV, estes prezos non inclúen o IVE, que será engadido no momento de efectuar a venda (non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior ao establecido).

3. Garantías.

Provisional: 2 % do importe de saída da parcela a que opte, IVE excluído (no caso de ser máis parcelas un depósito individual por cada unha das opcións).

4. Requisitos de solvencia dos licitadores.

Solvencia de acordo co establecido na cláusula 3.2 do prego de bases.

5. Obtención de documentación.

– O prego de bases que rexerá no concurso poderá recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Técnica de Solo na quinta planta da sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

– Tamén se poderán obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20076

6. Presentación das ofertas.

a) As proposicións constarán de tres sobres pechados e asinados polo concursante ou persoa que o represente, coa documentación que se especifica no prego de bases.

b) Prazo: dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante burofax, telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día nun só envío.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Naqueles supostos en que o último día hábil para a presentación de solicitudes coincida en sábado poderanse presentar as ofertas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo de San Caetano, debendo comunicar ao órgano de contratación a presentación da oferta no Rexistro Xeral mediante burofax, telegrama ou fax, no mesmo día ou no día hábil seguinte.

7. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na data e hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

8. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo