Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2014 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-518-2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o artigo 114.2 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, e despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-518-2013.

Interesado: Enrique Jiménez Borja (León de Oro).

NIF: 53193902P.

Acto notificado: resolución do xefe territorial do Instituto Galego de Consumo en Pontevedra, do 24 de xaneiro de 2014 e resolución da presidenta do Instituto Galego de Consumo, do 27 de xaneiro de 2014.