Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

EDICTO (57/2011).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hugo da Silva e Edson Lucio Carolino contra a empresa Ordnas-Contruçaao Civil e Transportes Uniperssoal, L.D.A., Suso Fernández, S.L. e Lorvicon, S.L. UTE 12, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Non procede a nulidade de actuacións interesada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días desde o seguinte ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ordnas-Contruçaao Civil e Transportes Uniperssoal, L.D.A., Suso Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de decembro de 2013

O secretario xudicial