Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (207/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 207/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Orlando Aguilar Caruajulca e Héctor Ehriberto Aguilar Caruajulca contra a empresa Construcciones Vixoy, S.L., sobre reclamación de cantidades, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Luis Orlando Aguilar Caruajulca e Héctor Ehriberto Aguilar Caruajulca contra a entidade Construcciones Vixoy, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Construcciones Vixoy, S.L. a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

A Héctor Ehriberto Aguilar Caruajulca, a cantidade de 6.432,6 euros brutos por salarios devindicados entre novembro e decembro de 2012, con pagas extras de Nadal e xullo de 2012, así como a compensación económica por vacacións de 2012 e a falta de aviso previo, e a cantidade de 2.025,24 euros por axudas de custos devindicadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

A Luis Orlando Aguilar Caruajulca, a cantidade de 6.438,33 euros brutos por salarios devindicados entre novembro e decembro de 2012, con pagas extras de Nadal e xullo de 2012, así como a compensación económica por vacacións de 2012, e a falta de preaviso, e a cantidade de 2.025,24 euros por axudas de custos devindicadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 1.470,50 euros como indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones Vixoy, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial