Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9133

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (532/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despido obxectivo individual 532/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga Oliveria Cambeses contra a empresa Restaurante Salsa Roja, S.L., Restaurante Mou Salsa Roja, S.L., rpte. legal de Restaurante Salsa Roja, S.L., Salsa Santa Cristina, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Olga Oliveira Cambeses fronte ás empresas Restaurante Salsa Roja, S.L., Restaurante Mou Salsa Roja, S.L. e Salsa Santa Cristina, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa Salsa Santa Cristina, S.L. a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, por elección de tal empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

E todo iso con responsabilidade solidaria en canto ao aboamento da indemnización ou, se é o caso, os salarios de tramitación, das dúas empresas codemandadas Restaurante Salsa Roja, S.L., Restaurante Mou Salsa Roja, S.L.

A dita opción deberá exercitarse por Salsa Santa Cristina, S.L. en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se optou, entenderase que procede á readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que serán aboados polas empresas demandadas son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optarse por ela: 1.933,36 euros. Do devandito importe, en caso de optarse pola indemnización, deberán descontarse as cantidades xa aboadas como indemnización (673,61 euros). Restando, en caso de opción pola indemnización, 1.259,75 euros por aboar de indemnización.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de euros 45,76 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a euros.

– Debendo, en caso de opción pola readmisión, de reintegrarse a indemnización percibida unha vez que sexa firme a sentenza. A parte desta aboada pola empresa ascende a 13.819,92 euros.

3º. As tres empresas codemandadas deberán abonar solidariamente á parte actora a cantidade de 2 euros, en concepto de cantidades reclamadas.

4º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET e 23.6 LRJS.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que, contra ela, poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao de notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0000.12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0000.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, atopándose celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Mou Salsa Roja, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

O secretario xudicial