Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9013

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2013.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 8 da Resolución do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2013, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o retorno das persoas emigrantes e dos seus familiares a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares, subvencionando os gastos iniciais que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Norma reguladora: Resolución do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 27 de agosto).

Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2013.

Crédito orzamentario: 50.000 euros.

Persoa beneficiaria da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:

Persoa beneficiaria

Importe concedido

María Esther Noya Eiras

4.000,00 €

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración