Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9012

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 22/2014, do 27 de febreiro, polo que se dispón que cese como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia Carlos Martínez-Buján Pérez.

En virtude do establecido nos artigos 6.a) e 7 da Lei 9/1995, do 10 de decembro, do Consello Consultivo de Galicia, presentada o pasado 20 de febreiro renuncia expresa de Carlos Martínez-Buján Pérez á súa condición de conselleiro do Consello Consultivo de Galicia, e oído o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de febreiro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia Carlos Martínez-Buján Pérez.

Santiago de Compostela, vinte e sete de febreiro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente