Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8700

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de febrero de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de outubro de 2012 (publicado no BOE do 29 de novembro de 2012 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de novembro de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo e Universidade do Minho (Portugal).

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

22

Optativas

18

Prácticas externas

14

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Sistema Institucional da UE e Teorías Políticas da Integración

6

Obrigatorio

Troncal

Bases Estruturais da Eurorrexión e Bases Normativas Comunitarias para 2007-2013

10

Obrigatorio

A Cooperación Territorial na UE

6

Obrigatorio

Políticas Comunitarias de Desenvolvemento Territorial

6

Optativo

Optativo

Políticas Comunitarias de Educación, Formación e Cultura

6

Optativo

Política Marítima Europea

6

Optativo

Espazos de Liberdades e Políticas de Competencia

6

Optativo

Desenvolvemento e Globalización

6

Optativo

Políticas Comunitarias de Desenvolvemento da Estratexia de Lisboa (I+D, PME e ambiente)

6

Optativo

Políticas de Cidadanía e Migracións en Europa

6

Optativo

Multiculturalismo e Políticas Europeas

6

Optativo

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Prácticum

Prácticas en Empresas e/ou Institucións

8

Obrigatorio

Elaboración de Proxectos Comunitarios

6

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.