Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8702

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular
(2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

9

Optativas.

30

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

21

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución ás Liñas de Investigación

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

O Método Científico en Bioloxía

3

Obrigatorio

Estatística Aplicada ao Deseño e Análise de Experimentos

3

Obrigatorio

Proteómica

4

Optativo

Materias optativas

Técnicas de Expresión e Purificación de Proteínas Recombinantes

3

Optativo

Introdución á Simulación de Procesos Xenéticos Mediante Ordenador

4

Optativo

Hibridación de Ácidos Nucleicos

4

Optativo

Metodoloxía Xenética con PCR e Secuenciación: Relacións Evolutivas e de Parentesco

4

Optativo

Diagnóstico Molecular en Patoloxías Hereditarias Humanas

4

Optativo

Aplicación dos Mecanismos de Resistencia á Bioloxía Funcional

3

Optativo

Métodos de Análise de Marcadores Xenéticos. Aplicación en Estudos de Evolución Humana

3

Optativo

Inmunonanotecnoloxía

3

Optativo

Principios Funcionais e Control da Actividade Enzimática

3

Optativo

Técnicas Radioisotópicas

3

Optativo

Obtención e Aplicación de Anticorpos Monoclonais

4

Optativo

Avances Metodolóxicos (Modelización) en Inmunoloxía Básica

3

Optativo

Análise Filoxenética

4

Optativo

Introdución á PCR Cuantitativa en Tempo Real

3

Optativo

Metodoloxía para a Análise da Evolución Molecular Usando o Paquete de Software HYPHY e a súa Linguaxe de Programación

4

Optativo

Técnicas Xenéticas Aplicadas á Xestión de Stocks Pesqueiros

4

Optativo

Metodoloxía para o Estudo dos Glicoconxugados e as súas Alteracións

4

Optativo

A Pegada Molecular da Selección Natural

3

Optativo

Análise Computacional de Xenomas

3

Optativo

Manexo de Poboacións en Programas de Conservación Mediante o Uso de Marcadores Moleculares

4

Optativo

Proteómica Poblacional e Evolutiva

3

Optativo

Traballo fin de máster

21

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.