Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8704

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Informática.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril de 2013 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Informática que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidad de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Informática

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

12

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Redes de Computadoras II

6

Optativo

Complementos formativos

(Só para alumnos de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Diplomatura en Informática)

Bases de Datos II

6

Optativo

Hardware de Aplicación Específica

6

Optativo

Seguridade en Sistemas Informáticos

6

Optativo

Sistemas Operativos II

6

Optativo

Arquitecturas Paralelas

6

Optativo

Procesadores de Linguaxe

6

Optativo

Sistemas Intelixentes

6

Optativo

Concorrencia e Distribución

6

Optativo

Centros de Datos

6

Optativo

Planificación e Dirección de Proxectos

6

Obrigatorio

Dirección e xestión

Dirección e Xestión da Innovación

6

Obrigatorio

Deseño e Xestión Avanzada de Redes

6

Obrigatorio

Tecnoloxías informáticas

Enxeñaría do Coñecemento

6

Obrigatorio

Sistemas de Información

6

Obrigatorio

Sistemas Gráficos Interactivos

6

Obrigatorio

Sistemas e Servizos da Internet

6

Obrigatorio

Auditoría e Xestión da Seguridade

6

Obrigatorio

Auditoría e Certificación de Calidade de Sistemas Informáticos

6

Obrigatorio

Computación Distribuída e de Altas Prestacións

6

Obrigatorio

Dirección das Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Especialidade en dirección de informática

Xestión Operativa das Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Integración de Sistemas e Redes

6

Optativo

Especialidade en deseño e administración de sistemas e redes

Administración Avanzada de Sistemas

6

Optativo

Calidade de Procesos de Desenvolvemento de Software

6

Optativo

Especialidade en calidade de procesos e servizos informáticos

Calidade de Servizos de Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Prácticas Profesionais

9

Obrigatorio

Prácticas profesionais

Proxecto fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Informática, o alumnado deberá superar os 90 ECTS dos que consta o máster, distribuídos da seguinte maneira: 78 ECTS obrigatorios e 12 ECTS correspondentes á especialidade elixida.