Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 7366, letra g), onde di: «(con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes)», debe dicir: «(con efectos do día anterior ao da publicación desta orde)».
Na páxina 7382, anexo V, punto 3º. Situación económica, onde di: «R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente», debe dicir: «R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta orde)».