Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: subestación Ponte Caldelas, ampliación de 2 posicións de liñas 66 kV.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas: ampliación da subestación Ponte Caldelas 66/20 kV, coa instalación de dúas posicións de liña 66 kV, 605 A Reigosa e 606 Pontesampaio II; as celas son blindadas con illamento en gas SF6. A instalación está situada en Taboadelo, Ponte Caldelas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 5 de febreiro de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra