Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),
RESOLVO:
Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 29 de novembro de 2013, relativa ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra), promovido por Torre de Hércules, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas