Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32000 Velle.
Denominación: LMT e CT rúa Lisa, nº 14.
Situación: Verín.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 180 m con condutor RHZ1-12/12 3×240 Al e orixe na LMT existente ao CT Luis Espada (32SAK7) e remate na LMT ao CT Luis Espada, 38 (32CDPS) con entrada e saída no CT proxectado non prefabricado rúa Lisa, nº 14 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 32.443,12 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da
instalación.
Ourense, 6 de febreiro de 2014
P.S.L. ( Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial