Por Decreto de Alcaldía, con data do 10 de febreiro de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 03/14).
2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de material de farmacia destinado a Unidade Asistencial de Drogodependencias.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 15.000 €/anuais (IVE incluído) e un prazo de execución ata o 31.12.2015 (con posibilidade de prórroga dun (1) ano).
5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte a última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 10 de febreiro de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde