Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8638

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no cuarto cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao exposto anteriormente e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no cuarto cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

San Cibrao das Viñas, 20 de xaneiro de 2014

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no cuarto cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Data de sinatura

Achega económica da Fundación

Convenio de colaboración para a realización de prácticas tuteladas dos alumnos da Facultade de Veterinaria entre Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)

21.9.2012

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne para a realización de prácticas de alumnos da titulación de Máster de Biotecnoloxía

22.10.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración subscrito entre Cruz Roja Española e Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, para a realización de prácticas formativas non laborais polos/as participantes no Programa Operativo Plurirrexional Loita contra a Discriminación 2007-2013

20.11.2013

Sen achega económica