Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a prestación do servizo de mantemento e xestión das instalacións de alarmas en edificios dependentes do Concello do Porriño.

Por Decreto de Alcaldía, con data do 10 de febreiro de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 06/14).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de mantemento e xestión das instalacións de alarmas en edificios dependentes do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 7.260 € (6.000 € + 1.260 € en concepto de IVE), e un prazo de execución de 2 anos (con posibilidade de prórroga de 2 anos).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 10 de febreiro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde