Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cariño

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas: saneamento na parroquia de Landoi.

Por Acordo do Pleno, que tivo lugar en sesión ordinaria o 31 de xaneiro de 2014, aprobouse definitivamente o Plan especial denominado infraestruturas en Cariño: saneamento na parroquia de Landoi. O que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O expediente e o plan aprobado definitivamente están nas dependencias municipais á disposición de todos os cidadáns para a súa posta de manifesto e obtención de copias.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cariño, 7 de febreiro de 2014

Mª Purificación Seixido Gómez
Alcaldesa presidenta