Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle (631/199/2013).

O Pleno Municipal, en sesión realizada o día 23 de decembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes e fixación de condicións estéticas dun equipamento docente na Sardiñeira, promovido polo Concello da Coruña.

Segundo. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, ás áreas municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico e ao promotor, a quen lle pedirán, ademais, que no prazo de dez (10) días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao Sistema de información xeográfico municipal.

Cuarto. Ordenar o dilixenciamento do estudo de detalle que consta no Servizo Municipal de Urbanismo.»

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 23 de xaneiro de 2014.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra este poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de cualquera outro que se considere pertinente.

O estudo de detalle entrará en vigor aos quince días hábiles da publicación da normativa no Boletín Oficial da provincia (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo