Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal, suspensión de licenzas e convenios urbanísticos.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria realizada o día 29 de xaneiro de 2014, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Cabanas, redactado por UTE DVega Arquitectura, Territorio y Medioambiente, S.L. e Proyestegal, S.L., que inclúe como anexos a documentación relativa ao desenvolvemento do planeamento:

– Modificación puntual do Plan parcial do polígono de Vilar do Colo.

– PEONR M-1 nas Modias.

– Sector de solo urbanizable SUD-1.

Así como os seguintes convenios urbanísticos:

– Convenio asinado cos promotores para PEONR M-1 nas Modias.

– Convenio asinado cos promotores para sector de solo urbanizable SUD-1.

– Convenio asinado con Francisco López Allegue para cesión parcela en Irís.

– Convenio con BJ Promociones e Inversiones, S.L. no Día Oito.

– Convenio con Costa Ortegal, S.L. no Día Oito.

– Convenio con El Tejo del Arenal, S.L. no Día Oito.

De conformidade co previsto nos artigos 85.2 e 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito documento aprobado inicialmente, cos anexos relativos a desenvolvemento do planeamento, convenios urbanísticos e documentación integrante do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométense a un período de consultas e de exposición ao público polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán proceder ao seu exame e presentar cantas alegacións consideren convenientes.

Durante o dito prazo, o documento aprobado inicialmente con seus anexos e convenios urbanísticos estará á disposición dos interesados no salón de sesións da antiga casa do concello, sita en Rúa do Concello, 4, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. O expediente poderá examinarse na Secretaría do concello nas mesmas datas.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e 118 e 120 do Regulamento de planeamento, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, acordouse a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas polo prazo máximo de dous anos no ámbito do todo o termo municipal nas áreas en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente; en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente sempre que respecten as determinacións do novo planeamento.

Cabanas, 5 de febreiro de 2014

Germán Castrillón Permuy
Alcalde