Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 4 de febreiro de 2014, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para lle facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os relacionados abaixo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG nº 213, do 8 de novembro); Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG nº 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ribeira, 4 de febreiro de 2014

Laura María Ballesta López
Xerente executiva do Hospital da Barbanza

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Gude Gago Ana Belén

052459115W

Stanciu --- Ovidiu Nicolae

X03475552E

Souto Rivas, Manuel

076499390X

Ouviña Suárez, Jorge

052933928A

Gueye --- Lamine

X01868940Y

Paz Pérez Berta Montserrat

052456602L

Varela Somoza Alfonso José

052454337P

Ces Rivas Santiago

052930274Y

Lijó Otero Antonio

076516466C

Jamali --- Jalila

X06113507S

Lestayo Añón Marta

078790626D