Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/042).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19,1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: reforma CT e RBT Vista Alegre.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 40 m, en condutor tipo LA-56, con inicio no apoio nº 1 existente tipo CH-13/2500 da LMT ao CT Martiñán (expediente IN407A 2004/037) e final no apoio proxectado tipo HVH-11/2500 onde se instalará o novo centro de transformación (CT) de tipo intemperie.

Novo CT tipo intemperie sobre apoio de formigón tipo HVH-11/2500 en substitución do existente de tipo caseta Vista Alegre (expediente IN407A 1996/134), do cal se realizará a súa demolición, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 15-20/0,4-0,230 kV.

Reforma da rede de baixa tensión existente, con orixe no novo CT, nunha de lonxitude de 876 m, con instalación de 7 novos apoios tipo HV e condutor tipo RZ-3×95 Al+ 54,6 Alm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña