Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: anexo 2 LMTS, CTC, RBT Sobrecarreira.
Situación: concello de Cambre.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, de 920 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe no apoio existente nº 10 onde se atopa a derivada a CT Castrobó (expediente IN407A 1996/7) da LMTA SMC-701 Cambre-Sigrás 01, e final no CT Sobrecarreira proxectado na mesma localización do proxecto orixinal.
Rede de baixa tensión subterránea, con orixe no CT Sobrecarreira proxectado, cunha lonxitude de 0,420 km e condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4 (1×240 mm²) Al, e final na rede aérea existente.
Rede de baixa tensión aérea coa instalación de tres apoios HV-630 R11.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 27 de xaneiro de 2014
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña