Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8198

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 14 de febreiro de 2014 de aprobación definitiva do documento de corrección de erros materiais do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo no ámbito da APR A-3-21 Alfageme.

Con data do 14.11.2013 o Concello de Vigo achega a esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dous exemplares do expediente arriba indicado.

I. Antecedentes.

O Concello de Vigo conta na actualidade cun PXOM aprobado definitiva e parcialmente por Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 16.5.2008; e por Orde da CMATI do 13.7.2009 de aprobación do documento de corrección das observacións formuladas na orde anterior.

O ámbito obxecto da presente corrección de erros figura clasificado como solo urbano, incorporando o PXOM a súa ordenación detallada como APR A-3-21 Alfageme.

A Orde do 16.5.2008 sobre aprobación definitiva do plan xeral deixou a área AOP-25 en suspenso, coa indicación da súa inclusión na categoría de solo urbano non consolidado. Como consecuencia, os planos nº 5 da serie 1 a escala 1:5.000, plano 10-I da serie 2 a escala 1:1.000 e 1:2.000 debían ser modificados.

Este ámbito foi obxecto de aprobación definitiva por Orde do 13.7.2009 sobre a aprobación definitiva do documento de cumprimento da Orde do 16.5.2008.

Da análise da documentación, existen contradicións para o citado ámbito entre os distintos documentos do plan. Así, clasifican parte da edificación principal de Alfageme como solo urbano consolidado, cando a Orde do 16.5.2008 deixou a área AOP-25 en suspenso coa indicación da súa inclusión na categoría de solo urbano non consolidado, por non resultar xustificada adecuadamente a concorrencia das circunstancias determinantes da categorización como solo urbano consolidado.

O Concello aproba no Pleno do 28.10.2013 a corrección de erro material detectado na delimitación gráfica da área de planeamento remitido con ordenación detallada APR A-3-21 Alfageme AOD do PXOM de Vigo.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación que integra o expediente denominado corrección de erros no APR A-3-21 Alfageme AOD do PXOM de Vigo, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. O Concello presenta os planos do PXOM de Vigo referentes ao ámbito denominado APR A-3-21 Alfageme AOD do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo consecuencia primeiro da Orde do 16.5.2008 e posteriormente da Orde do 13.7.2009 de aprobación do documento de corrección das observacións formuladas na orde anterior.

O Concello detecta diferenzas entre os seguintes planos:

1. No plano nº 10-I da serie 2 escala 1:2.000 V5 a delimitación da APR A-3-21 Alfageme AOD non coincide coa que figura na memoria e planos nº 1 e 2A da súa AOD.

2. No plano nº 10-I da serie 2 escala1:1.000 V5, que figura baleiro de ordenación.

3. No plano nº 5 da serie 1 escala 1:5.000.

Como consecuencia, o Concello presenta novos planos para corrixir esas diferenzas detectadas nos planos anteriormente citados, de xeito que o ámbito en cuestión aparece clasificado como solo urbano non consolidado en todos estes documentos.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1º. Outorgar a aprobación definitiva ao documento de corrección de erros materiais do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, no ámbito da APR A-3-21 Alfageme de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

3º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas