Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014 pola que se acorda a publicación da resolución reitoral pola que se incoa expediente disciplinario á alumna desta universidade Iria Presas Arjones.

Intentada a notificación da Resolución reitoral do 17 de decembro de 2013, e non sendo posible levala a efecto, de conformidade co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, acórdase a publicación da citada resolución pola que se resolve:

1. Incoar expediente disciplinario á alumna da Universidade de Vigo, Iria Presa Arjones.

2. Nomear instrutor do expediente a Luís Muñoz López e secretaria a Beatriz Iglesias Antelo.

3. Outorgar un prazo de 10 días, contado desde o seguinte á súa publicación, para exercer, se se estima oportuno, a recusación do instrutor ou da secretaria, ou para que estes formulen motivos de abstención no caso de concorrer algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei 30/1992.

Vigo, 10 de febreiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo