Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación e mantemento de carretillas elevadoras.

Neste concello tramítase expediente por instancia de Benito Vilarnovo Tarela, en representación de Renobat Galicia, S.L., para licenza de actividade de instalación de taller de reparación e mantemento de carretillas elevadoras que se situará na rúa Cimadevila, 85, soto, parroquia de Boiro. A actividade foi sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 27 de xaneiro de 2014

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde