Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gomesende

ANUNCIO de información pública sobre alpendre destinado a uso gandeiro de porco celta en extensivo en Feardos.

No Concello de Gomesende solicitouse licenza de actividade e obras para alpendre destinado a uso gandeiro de porco celta en extensivo, que se situará en Feardos, 7, no concello de Gomesende.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que quen se considere afectado/a pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e finalizará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar nas oficinas municipais.

Gomesende, 5 de febreiro de 2014

Pura Rodríguez Álvarez
Alcaldesa