Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se notifica o requirimento de emenda de documentación na solicitude de reintegro de gastos da prestación ortoprotésica a Araceli Bordes García.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Araceli Bordes García o requirimento de emenda de documentación da solicitude de reintegro de gasto de prestacións ortoprotésicas.

A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ou conforme o disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, en orixinal ou copia compulsada, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. De non facelo nese prazo, considerarase que desiste da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos na citada lei.

O expediente de reintegro de gasto está á disposición da interesada na Unidade de Concertos e Prestacións da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela. Travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014

Por delegación (Orde do 5.7.2012)
Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela