Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8124

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de limpeza, mantemento e reparación de bombeos, colectores e redes no concello.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: limpeza de bombeos, colectores de saneamento, colectores de pluviais e colectores unitarios; limpeza, mantemento e reparación dos bombeos das estacións de bombeo de augas residuais e mantemento preventivo e correctivo da rede de saneamento, de pluviais e unitaria do concello de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: dous anos, prorrogables por anualidades ata un máximo de dúas (duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas: catro anos).

Código CPV: 90470000-2 (limpeza de sumidoiros).

50511000-0 (servizos de reparación e mantemento de bombas).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 280.991,74 €

IVE (21 %): 59.008,26 €

Total (IVE incluído): 340.000,00 €

Valor estimado do contrato:

570.413,23 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo I, punto 24 do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: grupo O, subgrupo 3, categoría b.

8. Presentación de ofertas: ata as 14.00 horas do día 7 de abril de 2014. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura dos sobres B e C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 4.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 en relación co anexo I, punto 27, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 13 de febreiro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde