Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da xestión integral do servizo público de mercado no Progreso.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Comercio. Nº de expediente: 5470-551.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión integral dos espazos públicos existentes no mercado municipal de abastos da praza do Progreso (servizo público) comportando a concesión dun uso privativo dos espazos destinados a supermercado e cafetaría, así como dos postos que non fosen adxudicados directamente aos usuarios e daqueles que, polo remate do prazo concesional, poidan quedar baleiros no futuro (espazos da concesión ao adxudicatario do concerto).

Prazo de execución: 25 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 6.192.285,50 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 20 días naturais do da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación