Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8126

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración dunha bomba de calor e a posta a punto da sala de máquinas actual no edificio do Pazo Provincial.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración dunha bomba de calor e a posta a punto da sala de máquinas actual no edificio do Pazo Provincial da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 68.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 12 de febreiro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense