Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8034

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Visto o acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia (código 82001015012009), polo que se acadaron diversos acordos, subscrito na xuntanza que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

La Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da comisión negociadora do convenio de actores
e actrices de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 28 de xaneiro de 2014, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnese a Comisión Negociadora do convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, en presenza de Celso Araújo Castro, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, e asisten as persoas a continuación sinaladas:

– Representación empresarial:

Salvador del Río Pérez (Escena Galega).

Natividad Cancela Pereiro (Agadic).

José Manuel González Sanmartín (Agadic).

– Representación sindical:

Ma Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Raimundo Méndez García (UGT).

Roberto Alonso Iglesias (CIG).

Alberto Blanco Carretero (AAAG).

Ricardo Barreiro Cato (AAAG).

O motivo da xuntanza é proceder á revisión do contido do acordo adoptado o 24 de maio de 2013.

Logo das oportunas deliberacións e debate, as partes presentes acadan por unanimidade o presente acordo:

1º. Acórdase subir o IPC directamente sobre o salario do bolo sen aplicar a fórmula establecida no anexo I do convenio actualmente en vigor.

2º. Para os efectos de xerar o dereito a unha axuda de custos completa, deberanse superar as oito horas de traballo, ata esas oito horas corresponderá media axuda de custos.

3°. O importe de aboamento do bolo correspondente ao segundo día e consecutivos, na mesma praza, redúcese nun 25 % con respecto ao previsto no convenio, agás as segundas e terceiras funcións que celebren no mesmo día, cuxa redución xa está prevista no convenio colectivo.

4°. Acórdase a posibilidade de realizar contratos corridos cunha duración de sete días, sempre que non teñan lugar neles máis de tres funcións, ou contratos corridos cunha duración de quince días, sempre que non teñan lugar neles máis de oito funcións.

5°. Acórdase refundir, con respecto ao salario por bolo, as compañías privadas A e B nunha soa categoría (compañías privadas).

6°. As táboas salariais para as compañías privadas para o ano 2014 quedan do seguinte xeito:

Salario mensual 2014

Compañías grupo A (euros)

Compañías grupo B (euros)

Protagonista

1.847,05

1.539,16

Principal

1.629,75

1.347,03

Secundario

1.340,03

1.250,81

Elenco

1.194,14

1.058,38

Axudas de custos Galicia

43,30

43,30

Salario bolo 2014

Compañías grupo A e grupo B (euros)

Protagonista

169,20

Principal

152,15

Secundario

135,48

Elenco

119,60

Axudas de custos Galicia

43,30

R. gravación 2014

Compañías grupo A (euros)

Compañías grupo B (euros)

Protagonista

388,85

369,53

Principal

350,21

330,89

Secundario

306,74

301,90

Elenco

272,92

263,26

7ª. Acórdase delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade do contido do presente acordo.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 12.30 horas do día da data e expídese para o seu efecto a presente acta que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.