Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7903

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3313/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3313/2011 desta sección, seguido por instancia de Eliseo Rey Conde contra a empresa Construcciones J. Durycar, S.L. e outros, sobre alta médica, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, unha vez rexeitado o recurso de suplicación interposto polo demandante Eliseo Rey Conde contra a Sentenza do 11 de marzo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en autos 882/2008, en proceso sobre impugnación de alta médica e continxencia de incapacidade, promovido polo referido recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Ibermutuamur, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como fronte á empresa Construcciones J. Durycar, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones J. Durycar, S.L., con último domicilio coñecido en Rúa Nova, 18, de Pontecesures, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial