Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7901

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5338/2011-MDM).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5338/2011 desta sección, seguido por instancia de Montserrat Alhambra Morollón contra Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedad Profesionales S.S. nº 15, Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde e a entidade Simefer 50, S.C., sobre accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, unha vez rexeitado o recurso de suplicación interposto por Montserrat Alhambra Morollón contra a Sentenza do 5 de setembro de 2011, do Xulgado do Social número 3 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social Umivale, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a entidade mercantil Simefer 50, S.C., a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Simefer 50, S.C., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial