Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2014 polo que se relaciona o procedemento de constrinximento pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia.

Ponse en coñecemento do suxeito pasivo que a continuación se expresa que, intentada a notificación da providencia de constrinximento da Universidade de Vigo que se relaciona, non foi posible notificala, polo que, conforme o previsto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, se require por medio deste anuncio para que compareza a interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, no Servizo de Xestión Económica e Contratación, sito na Reitoría; Edificio da Xerencia-servizos centrais, 2º andar, Campus Universitario. As Lagoas-Marcosende (36310 Vigo). Tfno. 981 81 38 57, das 8.30 ás 14.30 horas, de luns a venres; correo electrónico xscont@uvigo.es, co fin de ser notificado do texto íntegro do acto no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o dito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Procedemento que motiva a notificación: procedemento de constrinximento.

Concepto: notificación providencia de constrinximento.

Vigo, 3 de febreiro de 2014

Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo

ANEXO

Suxeito pasivo ou representante/Obxecto tributario

Identificador fiscal

Concepto/Exercicio e período

Importe

Gallega de Mecanización, S.A.L.

A36650414

Subministración eléctrica e canon do servizo de reprografía de varios centros da Universidade de Vigo

102.084,75 €