Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial con condición do Plan parcial do sector SUD-2 A Xentiña (expediente FG número 587).

Por Resolución desta alcaldía nº 344, do 31 de xaneiro de 2014, acordouse aprobar inicialmente con condición o Plan parcial do sector SUD-2 A Xentiña, en Maianca.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 6 de febreiro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente