Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas LMT, CTI, RBT Lobeira (Neda) (expediente 115/2007).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 462 m, con orixe na LMT Mourela-Fervenza (expediente 31.563) e final no centro de transformación que se instalará no lugar da Fraguela, no termo municipal de Neda (expediente 115/2007), pola Resolución desta xefatura territorial do 16 de agosto de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 25, 26 e 27 de marzo de 2014 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Neda, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Diario de Ferrol con datas 18.11.2010, 2.11.2010 e 27.10.2010, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña