Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2014/9-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio aocial: avenida de Madrid, 108, 36214 Vigo.

Denominación: LMT de 2×90 m CS e CT 630 kVA para supermercado.

Situación: parque empresarial Cee, parcela 36-37, Cee.

Características técnicas: LMT subterránea de 2 × 90 m de lonxitude, para alimentar en anel o CT; cable 12/20 kV, 1*240 Al, orixe no CT1 da empresa distribuidora. CS, en caseta prefabricada, compartida co CT, equipado con 3 interruptores-seccionadores, 24 kV, 400 A. CT de 630 kVA, relación 20/0,42 kV, en baño de silicona. Aparellaxe de manobra e protección, así como equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña