Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2013/143).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Cabañas, S.L.

Domicilio social: Areal 53, baixo, 15621 Cabanas.

Denominación: anel con LMTS do CT Areal I a CT Lousido.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 15 kV, que permitirá a conexión en bucle do CT Areal existente (expediente IN407A 2002/284) co CT Lousido existente (expediente IN407A 2011/245). En ambos os CT engadirase unha cela de protección de liña, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 150 mm2, cunha lonxitude total de 1.882,89 m, que discorrerá por canalización existente no tramo A-D de 224,39 m do proxecto LMTS a CT Areal I (expediente IN407A 2002/283), tramo N-Ñ de 38,65 m do proxecto CT
Lousido-Estac. Bombeo 2 (expediente IN407A 2001/245) e tramo F-H de 148,47 m deste proxecto, e nos tramos de nova construción D-F, de 255,14 m, e tramo H-N, de 1216,24 m, no concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña