Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6629

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo).

O artigo 23.2 da Resolución pola que se establecen as bases e se convocan as axudas dispón que as subvencións concedidas serán obxecto de publicación segundo o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ás entidades que, en aplicación do artigo 13 da Resolución do 21 de xuño de 2013 de convocatoria das axudas, resultaron beneficiarias ao quedar crédito libre por renuncias.

Pontevedra, 18 de decembro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Procedemento: SI437A.

Norma reguladora: Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades.

Crédito liberado por renuncias: 2.679,66 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, cofinanciado ao 80 % polo Fondo Social Europeo a través do programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

CIF

Entidade

Importe

G36657336

Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo

913,63

G36179117

Asociación de Mulleres Rurais As termas de Cuntis

1.766,03